miércoles, 13 de enero de 2010

Ano Xacobeo

Este ano 2010 é un ano moi especial. Non só empezamos década e esperamos poder saír da crise, senón que tamén é Ano Santo ou Xacobeo. Para os que non o saiban, chamámoslle ano Xacobeo a aquel no que o 25 de xullo (festividade do apóstolo Santiago) coincide en domingo. Non é un fenónmeno excesivamente común (nun século hai 14 anos santos) e se repite cada X anos, seguindo a secuencia 6-5-6-11.

No Xacobeo o Camiño de Santiago incrementa o número de peregrinos que o cruzan. Moitos cristiáns parten cara a Catedral de Santiago como forma de penitencia, esperando conseguir o chamado xubileo (tamén coñecido como bula xubilar). Para logralo, hai que cumprir estes tres requisitos:


- Visitar a catedral de Santiago.

- Rezar algunha oración.

- Recibir os sacramentos da penitencia e a comunión.


Concluíndo: o Xacobeo é unha celebración importante para os cristiáns, pero sobre todo para nós, os galegos. Disfrutemos de este 2010, que o próximo non será ata o 2021!


Nota: información sacada da Wikipedia

No hay comentarios:

Publicar un comentario